Sede electrónica Concello de Mañón

13:13:41 Mércores 29 de novembro 2023
Estás en:

Información

As 13 persoas que acudiron á formación sobre a sede electrónica do concello de Mañón valoran o carácter práctico da xornada.

28/10/2019

“Os exemplos prácticos sempre son útiles e axudan a entender mellor”, foi unha das apreciacións feitas polos participantes na charla que se desenvolveu no Concello de Mañón o mércores 23.

Á charla —á que acudiu tamén o alcalde, Alfonso Balseiro—, permitiu ás persoas participantes coñecer a oficina electrónica do seu Concello e os mecanismos de identificación que lles permiten empregala.

Como é habitual, foi impartida por unha axente do proxecto PEL-Concello Dixital da Deputación da Coruña.

Xornada Sede Electrónica